O presidente da sociedade lalinense participou na manifestación en Madrid, e xa prepara a tempada de pesca
04 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.Luis Nistal participou na protesta, que se celebrou en Madrid, en contra da Lei de Patrimonio Natural e Biodiversidade que aprobou o governo no pasado mes de novembro.
-Polos centos de manifestantes, moitos cazadores, que se deron cita na Castellaña parece que esta lei non é do seu agro, ¿cales son os motivos?
-É unha lei demasiado restrinxente coa propiedade. É restrictiva para os propietarios que posúen terras dentro da Rede Natura. Francamente é absurdo que a Rede Natura ocupe o 33% do territorio español cando Francia, por exemplo, só conta cun 9% de territorio dentro da rede.
-E decir que eses terreos son dos seus propietarios pero con certas comiñas...
-Estar en Rede Natura supón unha actuación distinta e diferenciada sobre o terreo. Aí está o caso tan coñecido e de actualidade que se está a dar na parroquia de Vilatuxe coa concentración parcelaria desa zona. O governo debería de facer una lei moito máis consensuada. E, por certo que a manifestación que se fixo en Madrid -convocada pola Federación Española de Caza e por Asaja- non foi un acto político e así se puxo de manifesto na capital de España.
-Fala vostede de consensuar esta lei, ¿en que senso?
-É preciso cambiar a voluntariedade desta rede e deberíamos de poñernos en ratios de dimensións territoriais semellantes a Francia, Inglaterra ou Alemania. Repito que é absurdo que teñamos tanto terreo en Rede Natura namentras que outros países semellantes ao noso posúen ratios mínimos respecto a nós. É importante tamén que se defina ben a territorialidade.
-Na manifestación tamén se falaba de plomo e de humedais...
-Paréceme moi importante o tema dos humedais. Que se defina perfectamente o que é un humedal para saber onde se pode utilizar plomo e onde non. Onda se forma un charco é un humedal? As consellerías deberían de definilo. Non existe tampouco unha normativa clara no que respecta ás sancións. Algunha está totalmente descompensada. Unha infracción grave supón unha sanción mínima, nalgúns casos, e outra de carácter leve conleva unha forte sanción.
-E namentras non chegan cambios, a tempada de pesca avecíñase?
-Arranca o vindeiro domingo día 16, pero antes temos que sortear as cañas para os cotos de Lalín e Rodeiro.
-Para cando esa cita co sorteo?
-Está fixada para este venres día 7, ás 20.30 horas, no campo de tiro da sociedade. Sortearemos unhas dezasete cañas aproximadamente para os cotos dos dous Concellos