O Concello lalinense confía no incremento de matrícula na aula da Uned nos vindeiros anos. O alcalde, Xosé Crespo, é gráfico ao sinalar que espera un crecemento «en proporción xeométrica» para futuros cursos académicos. O curso inaugural a aula da Uned en Lalín contará con 25 alumnos no curso de acceso á Universidade para maiores de 25 anos, segundo datos aportados onte dende o Concello. Na comarca dezá o número de alumnos da Universidade a Distancia chega ata a un total de 42, cifra na que se inclúen os 25 do curso de acceso que principia o luns na aula do polígono industrial Lalín 2000 e os que cursan outras ensinanzas na Uned. A ampliación da oferta en Lalín en vindeiros anos será un factor determinante para o crecemento da matrícula na aula dependente do centro de Pontevedra.