O Concello ten rexistradas na sú apáxina web máis dunha vintena de colectivos dos que a meirande parte son veciñais
02 sep 2007 . Actualizado a las 02:00 h.O respecto e o coidado do medio a
sociacionismo está en auxe no concello de Agolada. Alomenos, así se entende se atendemos ao número de colectivos que operan no municipio. Segundo se recolle na páxina web municipal, www.agolada.es, no concello funcionan un total de 21 colectivos que agrupan a xente de diferentes ámbitos e sectores.
Segundo consta na web, as asociacións que máis abundan no concello agolense son as agrupacións veciñais, con nove asociacións: A Carqueixa de Bais, de Bais, que organiza organiza actividades socio culturais e formativas; O Brincadeiro, de A Capela, en Artoño que leva a cabo tamén actuacións interfamiliares e San Cibrao de Esperante, en Esperante, que desenvolve actividades culturais e formativas. En Baíña está Aventureiros da Baíña, con actividades culturais e formativas; San Mamede de Trabancas, de Trabancas, que levan a cabo actuaciós de desenvolvemento veciñal, ou o colectivo San Lorenzo de Brántega, en Brántega, con actividades socio culturais, formativas e interfamiliares.
Outra das asociacións veciñais que operan en Agolada é Chao do Porto Río Ulla, de O Sexo, que organiza ao longo do ano actividades formativas. Tamén en Val se atopa o colectivo Lucerna de Val, unha asociación veciñal e cultural que leva a cabo temas formativos e de desenvolvemento agrario e rural segundo a web agolense. Pola súa banda, Veciños de Amance, que reúne a xente de Amance e Eidián organiza actividades formativas e lúdicas.
A maior efervescencia no mundo asociativo agolense recae nos colectivos culturais. Bico da Balouta é unha das asociacións que funcionan no concello, e dentro da que sobresae o grupo de música que leva o mesmo nome, e que desenvolve ao longo do ano numerosas actuacións.
A Coral Polifónica de Agolada é outra das asociacións que funcionan no municipio aqualatense. Fundado no ano 1992, ten no seu currículo un amplo número de actuacións.
O colectivo Avelaíña está tamén na nómina de asociacións de Agolada. Na actualidade está a traballar na organización dunha festa popular que se celebrará nas vindeiras semanas. Ao abordar os colectivos de Agolada é imprescindible facer mención a Amigos dos Pendellos. A asociación que loita pola recuperación do antigo mercado medieval leva a cabo unha ardua tarefa de revitalización e posta en valor do entorno, organizando numerosas actividades durante todo o ano.
Dentro dos colectivos culturais que funcionan no municipio está tamén a Asociación de Amigos da Banda de Música de Agolada, un colectivo ao abeiro da formación musical, nacida no ano 93, e que destaca pola xuventude dos seus integrantes.
Ámbito deportivo
Agolada Club Fluvial, o Club Quad Agolada e a Sociedade Deportiva Agolada están tamén entre os colectivos deportivos xurdidos no municipio. No apartado adicado a asociacións da web oficial de Agolada está tamén rexistrada a asociación ecoloxista Naturviva, xurdida en Brántega e que este ano se converteu tamén en colectivo veciñal; ou Agromar, a asociación de pais e nais de alumnos do CEIP Agolada. Xunto a elas, a web agolense inclúe tamén a asociación de mulleres rurais A Trompicós, ou o colectivo de amas de casa Témporas.