Crespo plantexa unha Cidade do Motor con distintas especialidades Lalín Arena, a pista de atletismo, ampliar a piscina e o Cortizo e pazo de Deportes, no programa
09 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.? candidato do PP á alcaldía de Lalín, Xosé Crespo, presentou onte xunto con Nicolás Varela, nº 5 na lista, «o proxecto estrela do vindeiro mandato, que será Deportes». O PP inclúe ata 31 puntos neste apartado, suliñando Crespo a construcción do Lalín Arena -cuias obras dixo empezarán en breve con presencia de representantes de clubes-; unha pista de atletismo, para a que baralla a carballeira de Fóra, o monte da Pena, zona xunto ao Lalín Arena, ou mesmo a parcela do SUE-3 en principio destinada ao hospital, de xeito provisorio mentras non se constrúa; falou tamén da ampliación da piscina municipal; ou Manuel Anxo Cortizo, que de variarse a orientación dos campos podería acoller a carón do de herba a pista de atletismo; e a creación do Pazo dos Deportes nos actuais pavillóns. Varela suliñou ademáis o firme apoio a deportes do motor, as novas pistas de tenis xunto ao lago do Auditorio, cun pequeno graderío e unha pista en terra batida, e no rural, acondicionar os campos de fútbol de Barcia, Vilatuxe, Muimenta e Bermés, e construcción dun campo en Goiás. Tamén apuntou crear unidades físico-deportivas nos centros de día de maiores ou consolidar a Fundación do Deporte como elemento dinamizador do deporte base e impulsor de eventos deportivos. Cidade do Motor Pero o apartado estrela do programa é o da Cidade do Motor, que presentou un Crespo que deixará de ser concelleiro de Deportes, posto no que requerirá un edil con moita dedicación, polo que haberá que estudiar se Varela o pode compatibilizar profesionalmente, caso de gañar o PP as eleccións. Crespo sinalou que a Cidade do Motor busca acabar co inxusto trato que a numerosa afeccións aos deportes do motor ten en Galicia. A idea é asociar Lalín a motor de igual xeito que xa o está ao Cocido, actuando este elemento ademáis como revulsivo no ámbito turístico e xerador de recursos económicos no municipio. Non sería un único espacio, senón que entrarían infraestructuras xa en servizo como o circuito de motocrós do Carrio, ao que se sumarían un autódromo similar a Lousada (Portugal), circuito de autocrós, de karts, de trial, sen desbotar o aeródromo deportivo. E poñería a Lalín en primeiro lugar caso de retomarse a idea dun Circuito de Alta Velocidad en Galicia.