A PÉ DE RÚA «Para un chalé non chega: darei a entrada para un piso»

Rocío García Martínez
Rocío García A ESTRADA

DEZA

HOSTELEIRO NA ESTRADA

24 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Antonio Abet ten 30 anos, é de Ames e vive en Santa Cristina de Vinseiro. Onte levou a sorpresa da súa vida. Foi cobrar os catro euros dunha Bonoloto de tres acertos e a loteira, Maruja Valiñas, informouno de que a mirara mal e tiña cinco mais o complementario: 71.000 euros. Antonio non vai deixar o seu traballo como vendedor de xeados, pero vai poder respirar mellor. -Ó Euromillón e á Primitiva xogo cando lle cadra, pero a Bonoloto bótoa tódalas semanas completa e levo bastantes anos xogando. Tamén xogo á Lotería Nacional. -¿Cubría sempre os mesmos números? -¡Que va! A Bonoloto bótoa sempre automática. Foi a sorte. Na Lotería sí que xogo sempre ó número dun bar ó que vou moito. -¿É a primeira vez que lle toca algo? -Algo importante si, pero hai un mes acertei noutra Bonoloto catro números e os outros dous falleinos por un: os dous eran o número seguinte ó que eu puxera. Foron 38 euros, pero podían ter sido dous millóns. -Ándalle rondando a sorte. ¿E que vai facer agora co premio? -Acabarei de pagar o coche que comprei, un Seat León, e darei a entrada para un piso, supoño. -¿Non da para retirarse? -Non da nin para un chalé, pero non hai queixa.