Inicio dispar para a canteira

La Voz

DEZA

04 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

Onte comezou a competición para a canteria, e fíxoo de xeito dispar para os equipos lalinenses. O Segunda Nacional Feminino caeu 35-15 contra o Lavadores, favorito para o título. O xuvenil masculino de Manolo Pedreira arrasou ao Chapela 42-19. O cadete feminino viaxou a Ribadavia e voltou cunha vitoria 14-25. O infantil feminino, que debutaba en competición fronte ao Rasoeiro, campión galego, perdeu 41-1. O infantil masculino gañou 14-39 ao Porriño. O alevín mixto A deu boa conta do Lavadores gañandolle 0-8, e o alevín mixto B fixo o propio co Carballal, ao que venceu 6-2. En Benxamín mixto o Seis do Nadal non compareceu, dándolle a vitoria ao Lalín. O Benxamín do Balonmán Deza empatou 4-4 co Bueu.