O C.N. Lalín, terceiro por equipos no Galego de Longa Distancia

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

23 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

? Club Natación Lalín disputou o pasado sábado a súa primeira proba da nova tempada. Fíxoo na casa, no Campionato Galego de Longa Distancia, completando a xornada nun meritorio terceiro posto por equipos tan só por detrás do campión, o Galaico-Sercoysa, e o C.N. Ribeira. A nivel individual a estrela internacional de triathlón Javier Gómez Noya, do C.N. Ferrol, cumpríu co seu papel de favorito adxudicándose o título masculino. Rufino Regueira e Iván Brión, do C.N. Ribeira, completaron o podio. Os lalinenses Daniel Fernández e Daniel Fuentes foron pola súa banda, oitavo e décimo respectivamente. En féminas o triunfo foi para a nadadora do C.N. Coruña Raquel Martínez Canosa, con Iria García e Xenia Vilariño segunda e terceira, ambas do Galaico. A representación local correu a cargo de Eva Nercellas e Estefanía Rodríguez, que asinaron o oitavo e o noveno mellores tempos.