En dous minutos | O traballo leva por título «Doce mozos» A formación interpretará no concerto de As Dores os temas da súa gravación
21 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.A Nova Banda de Vilatuxe, que dirixe Jaime González Pichel, presentará o vindeiro luns o seu disco compacto, que leva por nome «Doce mozos». Un título que é unha homenaxe a aqueles doce rapaces de Vilatuxe que, no ano 1944, fundaron a formación tras buscar consello en directores como Manuel Anseán, Bernardino da Xesta, Eliseo de Muimenta ou Xaquín Rodán Silves, tal e como relata o propio libreto que acompaña ao seu traballo discográfico, e que recolle a historia da banda, dirixida naquel primeiro período por Enrique García Rey, Xosé Ochoa, Ricardo Jordán, José Bugallo Diz, José Peña ou Contiña. Xa en 1978, a banda incorpora por vez primeira a mulleres, e pasa a ter a súa actual denominación: Nova Banda de Vilatuxe, destacando a contribución de José Fernández, o Xastre, verdadeira institución na música bandística: el era un daqueles xóvenes fundadores da banda, e nos máis de 60 anos ininterrumpidos a ela adicados formou a máis de 200 alumnos, indica Jaime González, primeiro director da banda nado en Vilatuxe e que recibeu do Xastre as súas primeiras ensinanzas. Vilatuxe conta dende 1998 con Escola de Música, e bandas xuvenil e infantil. A Nova Banda de Vilatuxe aproveitará o seu concerto o luns, día 25, nas festas das Dores -Praza da Vila, 12 horas- para interpretar o repertorio do seu disco: Emanación xitana; Escenas del amor; O Xastre músico; Aires de Aragón; Olé al fandango; Olas del Danubio; Cortes de la frontera; Vicente Agulló; En er mundo; Santa Comba; Muiñeira de Chantada ; y Javier.