Solidariedade Lalín- Zambia

La Voz L.G.C. | LALÍN

DEZA

MIGUEL SOUTO

En dous minutos | Apadriñamento da asociación Manuel Ferreiro O colectivo fixo unha aportación de 345 euros para o mantemento dunha escola en Lusaka

21 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

? asociación socio-cultural Manuel Ferreiro está a colaborar de xeito activo nun proxecto en Zambia. O colectivo lalinense apadriñará durante todo este ano unha escola na cidade de Lusaka, en Zambia. A asociación dezana coñeceu este proxecto da man da lalinense Begoña Méndez, que está vivir no país africano dende hai algo máis dun ano, e que coñece de preto a realidade da escola de Cobet. A Cobet Community Scool, que así se chama o colexio, atópase nunha das zonas máis pobres da cidade africana de Lusaka, e dispón duns recursos moi limitados para o seu funcionamento, mantemento das instalacións e profesorado. O apadriñamento da Asociación Manuel Ferreiro servirá para complementar o escaso salario dos mestres da escola, uns cartos que en moitos casos os profesores adican a labores como mercarlle obxectos de primeria necesidades aos propios alumnos. Os integrantes da asociación Manuel Ferreiro ao coñecer o proxecto co que colabora de xeito altruista Begoña, decidiron apadriñalo durante este ano recadando fondos para que a iniciativa saia adiante. O colectivo lalinense doa todos os anos o 0,7% dos seus ingresos a oenegés e entidades non lucrativas, pero dada a situación da escola, decidiron optar tamén polo apadriñamento. A asociación Manuel Ferreiro xa fixo o pasado maio un primeiro envío de cartos a Zambia, concretamente 325 euros, e onte, no local do colectivo, fíxoselle entrega a Begoña Méndez dunha segunda aportación de 345 euros, 150 recadados co «Contacontos solidario» organizado en xuño coincidindo co Día Internacional do Neno Africano, e 195 euros reunidos na cuarta xuntanza campestre que organizou o sábado o colectivo.