A plantilla do Reale afronta con máis tranquilidade a recta final do campionato
DEZA
A falla de seis encontros para o remate do campionato, e logo duns días con menos traballo por mor das celebracións de Semana Santa, o Reale Seguros volve a meterse de cheo no campionato. A vindeira cita dos de Paco Garabal será esta fin de semana (aínda non está moi claro se sábado ou domingo) na cancha do Bembibre. A plantilla do A Estrada Fútbol Sala leva dúas semanas sen xogar encontros, xa que a última xornada de Liga tocoulle descansar, e enlazou cos días da Semana Santa. Aínda así, os xogadores do club da Estrada adestraron a pasada semana un día e a anterior con normalidade, salvo unha sesión, con vistas a non perder o bo estado físico. Esta semana xa están de novo inmersos nas sesións preparatorias, pero fano cunha certa tranquilidade. O técnico do Reale cré que os seus homes están agora menos presionados «ya que estamos centrados en el segundo puesto, eso sí, queremos certificarlo cuanto antes». Garabal non quere que os seus homes se durman nos lauréis e quere seguir colleitando victorias ata fin da tempada. O técnico do conxunto da Estrada deixa aberta unha pequena fiestra aos posibles erros do Mieres, que en todo caso virían propiciados pola dificultade do seu calendario. Garabal xa esperaba que o equipo que lidera o campionato estivera a estas alturas no primeiro posto da tábao, se ben non contaba con que a diferencia co Reale fose de tantos puntos. Fronte ao caldendario complexo do Mieres, o Reale ten por diante seis encontros asequibles, pero que terán que resolver satisfactoriamente. Fisicamente os xogadores do Reale enfían a recta final da Liga en bo estado. «Fisicamente creo que somos de lo mejor de la categoría. Además tenemos una plantilla amplia que nos ha permitido a lo largo de la temporada evitar que se notasen las ausencis», subliña o técnico do A Estrada Fútbol Sala. No tocante a estratexias, Paco Garabal enfoca os encontros que quedan ata o remate da Liga do mesmo xeito cós encontros anteriores, se ben é posible que dé máis minutos a xogadores que non tiveron tantas oportunidades anteriormete, «pero que sin duda se lo merecen porque han trabajado mucho a pesar de no haber tenido tantos minutos», afirma Garabal.