? Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia asinou onte a solicitude oficial do Centro Especializado de Tecnificación Deportiva (CETD) de Bádminton para a A Estrada. O adestrador do C.B. A Estrada, Rodrigo Sanjurjo, será agora o encargado de entregar esta semana a petición e o proxecto do Centro ao Consejo Superior de Deportes (CSD) para que este proceda á homologación das instalacións de Tabeirós-Montes como CETD. Sanjurjo conta con ver inscrito o nome da Estrada na nómina de centros do CSD a partir do 1 de xaneiro, convertendo en oficial un ente que xa funciona desde outubro a nivel privado, xestionado polo club local. Unha vez estea isto feito, «nuestro siguiente paso será luchar por los fondos para el CETD de Bádminton». E Sanjurjo ten claro o seu obxectivo: acadar 12.000 euros da Xunta, 6.000 da Federación Galega, outros tantos da Española e do Concello (futuro titular do Centro), ademais da partida que lle corresponda do Consejo Superior de Deportes. Asimesmo, o adestrador do C.B. A Estrada e presidente da Federación Galega de Bádminton solicitarálle ao Concello a cesión durante 10 anos de 25 horas de uso exclusivo á semana do novo pavillón multiusos para os adestramentos dos alumnos do CETD.