Acevedo califica de «aceptable» o empate en Santa Comba

Lorena García Calvo
Lorena García Calvo LALÍN/A ESTRADA

DEZA

O presidente do Lalín reúnese hoxe con Crespo e Ruibal O club dezao dará 1.000 entradas aos colexios da zona para ver o encontro co Celta o día 12

03 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O segundo empate 0-0 do Lalín no que vai de tempada chegoulles aos de Acevedo en Santa Comba. Os de Deza xogaron un encontro «aceptable», segundo o seu adestrador, que tivo luces e sombras. A primeira metade deixou ver bo fútbol por parte dos visitantes que puxeron nun par de ocasións en apuros ao gardameta local. Tralo desanso o Lalín experimentou un baixón en canto a intensidade que permitiu ao Santa Comba dominar ao seu antollo o encontro ata ben entrado o minuto 20. Foi entón cando os de Acevedo conseguiron entrar de novo no partido e tiveron ocasións como a protagonizada por Manu. Acevedo espera agora que Borja e Javicho se recuperon xa que se nota a súa ausencia sobre o campo. No partido contra o Santa Comba Lois rematou cun abductor algo tocado. Reunión O presidente do Lalín, Amandio De Bessa reúnese hoxe ás 9.00 horas co alcalde Xosé Crespo e o concelleiro de Deportes, Ramiro Ruibal para abordar cuestións como a visita á delegación de Facenda. Por outra parte, o club repartirá 1.000 invitacións para ver o encontro co Celta entre os nenos dos colexios de Deza.