O SOL | O |
01 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.SÓ COÑEZO un remedio para impedir que chegados estes días se sufra o televisivo síndrome postvacacional . É non marchar de vacacións. Man de santo. A xente non se cansa de repetir que os primeiros días de setembro ataca o síndrome da volta ao traballo. Todo tipo de síntomas se alían contra o suxeito producindo nel quén sabe que desfeitas, e claro, os expertos póñense as botas dando remedios. Pois ben, non hai mellor solución ca non deixar o chollo, ou cando menos, non apartarse do traballo durante moito tempo, xa se sabe, para non perder a costume. Ben é certo que con setembro chega o outono, e co outono as depresións pensando no longo inverno, pero hai que ser positivos. Este ano non nos podemos queixar xa que Lorenzo nos está regalando os seus raios durante un tempo extra, e ademáis, hai outros métodos para diluir o efecto do temido regreso ao traballo. As librarías están xa repletas de todo tipo de fascículos, coleccións e enciclopedias por volúmenes que din que axudan a enfocar esta nova etapa. Ademáis, pódenserenovar os bos propósitos que se repiten ano tras ano cando chega o un de xaneiro. Para gustos cores, e para depresións, solucións. Por certo, eu son das que non sufrirá depresión postvacacional.