O Clube Bádminton Estradense acadou onte tres medallas de bronce no Campionato de España de categoría Junior que se desputA en Adra, Almeria, dende o pasado venres. Coincidindo coas espectativas do clube da Estrada, un dos trunfos chegou na categoría individual feminina. Raquel Miguéns, número 11 no ranking español, conseguíu facerse co metal de bronce satisfacendo así as esperanzas que o equipo puxo nela. Outra das medallas de bronce conseguidas polo Bádminton estradense chegou coa parella composta por Raquel Miguéns e Alba Vilas na categoría de dobres feminino, número 20 no ránking español no cadro principal, outra das grandes bazas estradenses. Sorpresa positiva O terceiro posto que Pablo Carollo e Alba Vilas acadaron na categoría de dobres mixto foi unha das sorpresas da xornada. A pesares de que o clube confiaba en que a parella faría un excelente papel, non había demasiadas posibilidades de acadar unha das ansiadas medallas, xa que a competencia era moi dura. Os tres bronces que acreditan ós xogadores do clube da Estrada como algúns dos mellores xogadores da categoría Junior de España veñen corroborar a boa saúde do bádminton local. A delegación estradense, que completa Óscar Piso, competiu en Almería con outros 200 participantes chegados de toda España. Mañá será a última xornada do campionato.