A directiva do A Estrada Fútbol Sala xestiona a fichaxe de dous reforzos para o equipo O América Archi levouse os 3 puntos no seu bronco enfrontamento co Arco Iris (6-4)
19 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.Os dous equipos estradenses de fútbol sala en categoría nacional poderán disfrutar a gusto as vacacións da Semana Santa (as competicións paran ata o 2 de abril). Enredo SPL e América Archi solventaron os seus respectivos compromisos con sendas victorias, en ambos casos a costa dun enorme desgaste físico. O cadro de Primeira Nacional B deu un importante paso cara a permanencia na categoría derrotando a domicilio 3-5 o Gijón Playas, antepenúltimo clasificado. Un despiste nada máis iniciarse o partido permitíulle o equipo anfitrión adiantarse. Replegado atrás, o Enredo SPL tomou nota e mediada a primeira parte empataba da man de Marcos. A pouco do descanso Álex adiantou os seus, dándolles unha vantaxe que Marcos ampliaría nos primeiros intres da reanudación. Con moito en xogo, o Gijón Playas apretou, e no ecuador do segundo período transformou dúas dianas que reestablecían a igualada no electrónico. Houbo que agardar entón aos dous derradeiros minutos do encontro. Álex, de dobre penalti, encarrilou o triunfo, que Julio certificou a 25 segundos da conclusión nun saque de córner. Xogaron polo equipo visitante José Antonio, Juáncar, Julio, Jorge e Marcos -quinteto titular- e mais Álex. Miguilla tamén viaxou, pero foi reservado para non forzar a súa recuperación. Axudado por outros dous resultados, o 5-1 do Benavente ao Santiago e o empate a 3 entre Consega Troula e Bembibre, o Enredo SPL ascendeu tres postos na táboa, situándose sétimo con 33 puntos, cun de vantaxe sobre o Santiago, e dous sobre o Mera, Ponferrada XXI e Avilés Hollywood. Aínda que nos catro casos, cun partido máis xogado polo equipo azulón. A fin de apuntalar o equipo de cara as derradeiras seis xornadas de Liga, a directiva do A Estrada Fútbol Sala está a xestionar a fichaxe de dous xogadores procedentes do fútbol e con experiencia no fútbol sala. Unha operación que os responsables do club agardan pechar a vindeira semana. Tres puntos moi sufridos Pola súa parte, o América Archi recuperou parte da súa confianza perdida cun triunfo moi traballado sobre un dos seus rivais directos polo ascenso, o Lavandería Arco Iris, nunha xornada con triunfo do líder en Ordes. No Coto Ferreiro, o 6-4 final foi froito dun encontro entre iguais marcado pola extrema dureza empregada por ambos conxuntos. Manuel Sanmartín mandou os seus homes agardar atrás na primeira parte, e aínda que o Arco Iris se adiantou, no minuto 14, o partido chegou ao descanso con 2-1 para os locais, con goles de Beni (dobre penalti) e Tinto. Polo camiño, varias contras coas que o América Archi puido ter sentenciado. No segundo período Fabián puxo o 3-1 no minuto 4, pero o cadro visitante volcou o panorama, situándose 3-4 a 7 do final. Sanmartín pedíu entón un tempo morto, e con tres tantos de Gica, Marcos e Beni, este último de dobre penalti con só 40 segundos por xogar, amarrou 3 puntos que valen ouro.