Xeromo Estévez, natural do Concello de Noia, que xa amosou o seu traballo en outros rincóns de Galiza coma Boiro ou Portosín tamén asistiu ás convencións internacionais de papiroflexia que se celebraron en Santiago e Sevilla. «Porque sempre se aprenden cousas de intereses e podes intercambiar opinións e experiencias con outros amantes deste oficio». Pero Xeromo non deixa as súas pezas espidas, con só papel. «Normalmente lles poño barnices para que teñan un bonito acabado». Nun ano no que se está a ensalzar a figura do Quixote, Xeromo tamén o quere facer. «Pois xa levo catro meses traballando nun quixote montado a cabalo, lucindo lanza e todo. É un papel sen cortes, por suposto, e leva oitenta pasos e creo que entre douscentos e trescentos pliegos. A obra é laboriosa pero vale a pena facela e espero que lle guste ao público».