?o apartado puramente deportivo, o Enredo sumou onte a súa segunda victoria ligueira ao superar a domicilio o Autos Lobelle B por 4-5. O conxunto estradense comezou dominando a través da súa tradicional estratexia presionante, e aos cinco minutos Álex finalizaba no segundo pao unha contra dirixida por Marquitos, poñendo o 0-1. O Lobelle B sentíu o golpe como un xarro de auga fría. Optou entón por dárlle a volta á tortilla e presionar o Enredo para facerse dono do esférico. Así foi como empatou á contra pouco antes do descanso. O plantel estradense, por riba, quedábase sen Miguilla, expulsado por dobre amarela. Na reanudación un inspiradísimo Julio subía o 1-3 ao electrónico nos dous primeiros minutos. O Lobelle B aproveitou a súa maior profundidade de banquiño para, cunha contra e un penalti, empatar a 3. Marquitos voltou a adiantar no minuto 14 o Enredo e, despois dunha nova igualada, marcou o definitivo 4-5 de dobre penalti a 3 do final. A boa nova engadida foi a reaparición de Marcos Sesar, que xogou 2 minutos. A pésima, a expulsión de Álex no minuto 33 con tarxeta azul por unha suposta agresión a un contrario, que lle suporá alomenos un partido de sanción.