Un ceo cuberto de estrelas

Lorena García Calvo lalín

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

En dos minutos | Hoxe terá lugar unha chuvia de perseidas O observatorio de Cruces, fundado por José M. López, é o lugar perfecto para?ver?o?fenómeno

10 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Esta madrugada os ceos de Deza e Tabeiros serán o esceario polo que desfilarán ducias de perseidas, unha chuvia de meteoritos que se espera sexa máis intensa que en anos anteriores. José María López é o fundador e responsable do Observatorio astronómico de Zarragrande, en Vila de Cruces, un espacio privilexiado para desfrutar da chuvia de meteoros, sempre que o tempo non o impida. En setembro de 1993 fíxose realidade o proxecto co que o que fora practicante de Vila de Cruces levaba soñando dende os 17 anos. Un telescopio de 25 centímetros foi o primeiro instrumento co que os cruceños e visitantes puideron observar estrelas e constelacións. Na actualidade, con un telescopio de 40 centímentros, ata hai pouco o maior de Galicia, dous prismáticos astronómicos e algúns aparellos donados, López e os aproximadamente 70 membros da Agrupación Astronómica Aller, continúan desfrutando dos misterios que agochan as estrelas. Entre os obxectos que López ensina con máis orgullo no observatorio, está un meteorito, algo deteriorado, que lle enviaron hai algún tempo dos Estados Unidos. Bágoas de San Lourenzo Esta noite José María López espera poder achegarse ata o observatorio a desfrutar da chuvia de estrelas. Se as nubes non impiden a visión, López quere ser testemuña das perseidas que crucen o ceo. O astrónomo lembra como no 1933 tivo lugar unha das maiores chuvias de perseidas que se recordan. López rememora como tanto el e os seus veciños pasaran boa parte da noite contando as estrelas que atravesaban o ceo de Vila de Cruces.