O SOL | O |
09 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.A TODOS NOS marca o sitio onde nacemos e as costumes e tradicións baixo as que nos criamos. Os galegos mantemos certas peculiaridades herdadas dos nosos ancestros e froito do sitio onde nos tocou vivir. Toda esta palabrería non ven por outra cousa, máis que para expor a gracia, por chamarlle dalgún xeito, que me fai ver como nos ven os turistas e veraneantes e como nos comportamos os uns cos outros. Dende hai xa semanas, pasear polas rúas das vilas da zona, leva parello toparse con xente doutros lares que pode chegar a comentar de todo. Dende o clásico «que bien se come aquí, ya he engordado dos kilos», ata o «¿aquí qué se puede hacer?». Para un lalinense irse de viños e cear a base de tapas gratis, non deixa de ser un exercicio habitual producto dunha intensa búsqueda dos garitos máis enrollados . Ben, pois iso que a nós non nos extraña, deixa máis para alá que para acá ós que nos visitan. Claro que tamén os hai que pensan que aquí se comen nécoras e ameixas día sí, día tamén, como se por kilo de peixe que mercaras che regalaran medio de camarón. Hai un tipo de veraneante que opta por imbuirse de todas as costumes e tradicións que se lle poñen a tiro, estes son os que se os deixan se animan ata a rapar unha besta. A sana costume de andar co paraugas plegable no coche ou no bolso a moitos parécelles unha aberración, claro que ó final remantan invertindo euros neses bonitos ponchos de plástico modelo cadena cien . O caso é que pasado un tempo, visitantes e visitados misturámonos de tal xeito que non se sabe nin onde acaban os uns nin onde empezan os outros. Cuestión de hospitalidade.