Entrevista | María Pilar García Rodríguez
23 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.Con 159 socios nace este novo colectivo estradense. -¿Faltaba en A Estrada unha asociación destas características? -Na vila existen moitos colectivos pero ainda se falaba dos cidadáns de arriba e dos de abaixo. Aquí todos somos iguais. Somos o froito dunha loita, da reivindicación dun pobo que durante 49 días permeneceu pechado no Concello estradense para pedir unha solución ao problema do catastro. Por primeira vez na miña vida podo decir que me sentín orgullosa do meu pobo e da resposta dos meus veciños. -¿Unha convivencia que se plasma en asociación? -Así é. Só nos restaba legalizar a asociación xa que socios había dende o primeiro momento. -¿Cales serán os seus primeiros obxectivos? -Os socios serán os que decidan ao respecto o vindeiro venres na asemblea. O que desexamos é darlle resposta a todos os problemas que xurdan na vila. Na reunión temos pensado facer unha analise do funcionamento da comisión que se creou polo tema do IBI no Concello, e que naceu gracias ao noso esforzo e tesón e plo que conseguimos que se nos escoitara, e comezaremos a programar actos lúdicos, culturais e mesmo algunha excursión xa que festeiros, creo que imos a selo. -¿Que desembolso económico terá que facer cada asociado? -Son seis euros por familia ao ano e queremos deixar claro que estamos abertos a todos aqueles que desexen incorporarse ao colectivo. Non temos cores políticas, só nos move o desexo firme de loitar polo noso pobo. Imos tentar con todas as nosas forzas de mellorar ou facer o posible para que os organismos competentes poñan o seu grao de area para que A Estrada medre.