O cronómetro | Preséntase este venres un disco compacto do grupo A obra inclúe unha selección das mellores gravacións de campo que fixo a formación
12 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.Foron precisos dous anos para que a historia dos cincoenta anos de Os Dezas de Moneixas vira a luz. A presentación do disco compacto desta formación lalinense, no que se recolle unha ampla selección das súas mellores gravacións, presentarase este venres no Museo Municipal de Lalín, a partires das 20.30 horas. Moitas foron as persoas que traballaron arreo neste proxecto: o Conservatorio Folque de Lalín, e moi especialmente o profesor Xosé Luis Dopico, a directora do centro, O Concello de Lalín, a Asociación Cultural O Naranxo e a productora musical Ouvirmos. «Non podemos esquencernos tampouco dos apoios que recibimos de institucións púbicas e privadas que colaboraron no proxecto», manifestou en Onda Cero Lalín o director de producción artística de Ouvirmos Ramón Pinheiro. supoñen para o conxunto da música tradicional galega unha das referencias do século XX, argumentou Pinheiro. «O problema é que, en vida do grupo, non gravaron nada e o seu referente comezaba a desaparecer. Sin embargo, a familia do director do grupo José Benito González gardaba fotografías, instrumentos e mesmo gravacións caseiras da formación. Tamén puidemos acceder a unhas cartas sonoras que son excepcionais. Nos anos sesenta, e coa chegada dos magnetófonos, o grupo remitiu ós seus familiares residentes en Caracas estes temas sonoros que son documentos de gran interese».