Hoxe colocarase a primeira pedra da superficie que contará cun hotel de catro estrelas O establecemento hoteleiro, que contará con 90 camas, estará rematado no 2006
18 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.O proxecto do Centro Comercial Pontiñas e de Ocio Haley será presentado este mediodía polo presidente de Sinergias Dezanas, José Ramón González López, e o director comercial Enrique Nieto. Despois desta presentación, que se celebrará ás 12.30 horas no Pazo de Bendoiro, está previsto proceder á colocación da primeira pedra da superficie nun acto ó que asistirán representantes de Sinergias Dezanas, empresarios, o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, o ex conselleiro de Política Territorial, Xosé Cuíña, e o conselleiro de Industria. A construcción do Centro Comercial Pontiñas farase en dúas fases. Na primeira, que estará lista para o 15 de setembro de 2004, rematarase a infraestructura do supermercado, das oito salas de cine, locais e o aparcadoiro. A segunda fase de dito centro, onde se contempla a construcción dun hotel de catro estrelas, non está previsto pechala ata o ano 2006. Na actualidade, a metade dos locais do centro comercial xa foron adquiridos por empresas da comarca dezá, sendo moitas delas de Lalín, aínda que tamén existen outras firmas galegas que pecharon as negociacións con Sinergias Dezanas para asentarse neste centro lalinense.