Xosé Crespo suliña a súa experiencia municipal logo de dezaseis anos na corporación, e pon a súa xestión urbanística como aval da súa capacidade de goberno
22 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Xosé Crespo afronta a súa cuarta reelección á alcaldía de Lalín, á que accedeu en febreiro de 1990. -¿As eleccións para vostede son un trámite? -Non, son unha reválida que debemos pasar cada catro anos, esa é a grandeza da democracia. Son un balance da xestión, no sentido de que ves se o pobo está contento contigo ou non. Eu teño a mesma ilusión que no 91, coa diferencia de que teño moito máis experiencia e sei que podo levar a cabo proxectos importantes e vitais para Lalín: a nivel de municipalismo estou no meu máximo apoxeo como alcalde. -¿Serán unha reválida especial por non estar Cuíña na Xunta? -Eu creo que non porque Cuíña sigue dentro do partido, quedou moi claro no mitin central de Lalín o sentimento de Cuíña. Non ten por que afectar nestas eleccións. -No ano 91 tivo 17 edís e no 99, 15: ¿non o desgasta o poder nin a oposición? -No 91 tiven 17 edís con mil votos menos que no 99. Os meus electores non merman: eu fun aumentando de votos en cada elección, como os outros partidos. En democracia manter o 51% do voto absoluto é un éxito rotundo. E estou moito por encima dese parámetro, xa que teño un 68% do voto útil. -Lalín, motor de futuro. ¿Que combustible ten para ese motor? -O mellor que se pode ter en democracia: un proxecto real e realista para o meu pobo, ilusión desmedida para levalo a cabo porque creo nel, e un equipo humano e de xestión para poder desenvolvelo ata a súa conclusión. -O BNG di que está gripado, e o proxecto agotado. -En campaña fanse chistes fáciles: ese é un mal chiste. O noso motor non é que sexa o mellor para Lalín, e que está nos dous ou tres mellores motores de Galicia. -O PP chega desgastado pola guerra, o Prestige, ¿hai que desligar a mensaxe municipal da xeral? -As eleccións son todas distintas. Nas municipais contan os partidos, pero moito máis as persoas. Estas cuestións non deberían supoñer un desgaste especial en Deza, pero nos máis xóvenes si puido influir a manipulación de Nunca Máis. Eu levo un equipo que funciona ben e coa ventaxa de ter experiencia, con incorporacións de xente nova.