O Enredo mídese ó poderoso Burela con só oito xogadores

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo A ESTRADA

DEZA

Javier, por traballo, únese á marcha do clube de Fabián e de Besteiro Rodrigo tampouco poderá contar con Garabal, por sanción federativa, ni Míchel, lesionado tampouco

25 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Enredo e Burela disputan esta tarde (Coto Ferreiro, 17.00 hs) o partido previsto para o pasado 5 de abril, e aprazado por mor dun malentendido entre a Federación Española de Fútbol Sala e os árbitros do encontro sobre o horario do mesmo. Se entón o equipo estradense afrontaba con serias dificultades o choque ante o segundo clasificado e firme aspirante ó ascenso a causa dos numerosos problemas físicos do seu plantel, hoxe a situación non se pode calificar máis que de dramática. As marchas do clube de Besteiro e de Fabián a raíz da súa participación nun torneo de fútbol afeccionado durante a pasada Semana Santa, a sanción con dous partidos a Garabal pola súa tarxeta azul directa no partido contra o Egasa A Coruña e a baixa de Míchel por lesión deixan en cadro ó plantel de Rodrigo Feijoo. Máxime trala baixa no clube esta semana do xuvenil Javier, ó non ter tempo para asistir ós adestramentos do conxunto azulón debido ós horarios das súas prácticas de Formación Profesional. Iso si, ó contrario ca nos casos de Besteiro e Fabián, a directiva do Enredo xa lle fixo saber a Javier que «ten as portas do equipo completamente abertas para cando el poida voltar». Deste xeito, Feijoo só conta con oito efectivos dispoñibles, incluíndo a Julio, moi mermado fisicamente. Visto o visto, e tendo en conta «la enorme fortaleza física y la gran calidad técnica y táctica del Burela», o preparador do Enredo aposta polas xogadas de estratexia coma «nuestra mejor opción para ganar. No creo que vayamos a tener muchas».