Paliza do Celta ós chavais de Requeixo

La Voz

DEZA

31 mar 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

? Cinco goles a balón parado, catro deles a saque de córner, condearon ó Callobre xuvenil a unha nova derrota o domingo. Neste caso ante o líder da Liga Nacional, o Celta, que se levou da Estrada tres puntos e un indiscutible 0-6. Pola súa parte, o Lalín xuvenil, que finalmente tivo que xogar en Vilatuxe mentres o Guerra o facía no Cortizo, dominou de principio a fin ó Atlético Oleiros. Dani, no minuto 5, e Iván, no 30, adiantou ós dezaos antes do descanso. Novamente Dani, no minuto 60, puxo o 3-0. Resultado final, 3-1. Moito máis curto do que puido chegar a ser vistas as ocasións locais.