As inspeccións técnicas de vehículos agrícolas poden realizarse dende onte en Lalín e posteriormente o servicio achegarase a Gresande e Cercio
07 ene 2003 . Actualizado a las 06:00 h.Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas comezou a operar onte no campo da feira de Lalín. -Non é a primeira vez cunha unidade destas características ven a Lalín... -Vénse facendo dende hai varios anos porque, dende o Concello, achegamos o servicio da ITV a tódolos agricultores e gandeiros. Lalín hoxe é unha vila bastante grande polo que estructuramos tres zonas para pasar as inspeccións. Hoxe a unidade móbil aínda estará no campo da feira para que poidan acudir cos seus tractores e remolques os agricultores das zonas limítrofes. Mañán desprazarase a Gresande co gallo que cubrir a zona sur do municipio e os días 28 e 29 deste mes estará en Cercio para dar servicio á zona norte, ós gandeiros de Muimenta, Sello, Cangas, Palmou... -¿Hai estimacións do número de tractores que pasarán revisión? -Non temos estimacións en cifras dos tractores e remolques que serán sometidos a inspeccións porque todo depende de se teñen que pasar agora a ITV ou non. De tódolos xeitos se non a fan agora, polo que sexa, logo poderán ir ó polígono industrial. Os que acudan á unidade móbil non teñen que pedir cita previa, só é necesario que leven a documentación do tractor ou do remolque. Por outra banda, o horario de atención ó publico é bastante intensivo xa que só descansan para comer e aproveitan a luz do día ó máximo para facer as revisións. -¿Como está a ir a oficina agraria? -Estamos comezando a divulgala e estamos traballando sobre como afectará a nova Lei do Solo de Galicia nas edificacións sitas no rural.