A escola de natación da Estrada compete hoxe no segundo Torneo de Escolas de Natación Gaia, que este ano se celebra na localidade luguesa de Viveiro. A expedición estradense estará composta por un total de quince rapaces e rapazas das categorías benxamín e alevín, acompañados polos monitores Ana Lois e Daniel Feijoo. Todos eles partirán ás oito da mañá para inicia-las súas respectivas competicións tres horas máis tarde. Tras dilucida-lo nome dos gañadores, a mañá de loita deportiva dará paso a unha tarde pensada para o divertimento dos cativos. Así, antes de regresar ás súas respectivas localidades, os nenos poderán disfrutar dos xogos que Gaia lles ten preparados para o serán. O equipo estradense iniciará o camiño de volta a terras de Tabeirós ás sete da tarde, para remata-la viaxe a casa a primeira hora da noite.