AMELIA FERREIROA XENTE NOSA Álvaro Negro, artista lalinense que amosará a súa creación pictórica en Arco-2002 A prestixiosa feira de arte, Arco-2002, celebrarase en Madrid do 14 ó 19 de febreiro. Un evento no que se darán cita mais de 260 galerías de todo o mundo e no que dous artistas da comarca de Deza, Álvaro Negro (Lalín) e Xurxo Oro (Agolada) amosarán as súas obras más recentes. O primeiro acude coa galería Marisa Marimón de Ourense e o segundo con Ad Hoc, de Vigo. Álvaro Negro presentará en Arco-2002 catorce cadros abstractos donde a cor é o predominante.
28 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Álvaro Negro acude a Arco dende o ano 1998. -Pero vou sempre coa mesma ilusión. -¿Que se poderá ver nesta feira? -É unha visión ampla de todo tipo de obras que se están facendo agora mesmo. É unha feira de arte contemporánea na que as tendencias son actuais pero hai galerías que están especializadas no mais clásico da vanguardia. Podes atopar dende algún Picasso ata un Álvaro Negro. Pódense ver todo tipo de propostas. -¿É unha das mais prestixiosas? -A nivel nacional é a mais importante e a que ten mellores galerías. É a terceira ou a cuarta despois da de Colonia ou Basilea, que é a mais importante do mundo. -¿Que presentará? -Cadros abstractos nos que a cor é o predominante. É a continuidade da serie que presentei na exposición que fixen en Lalín polo que os que a viron poden ter unha idea do que estou a facer. Presentarei catorce cadros, pezas grandes e pequenas, xa que non todos teñen unha parede museística para unha obra de gran formato.