«Antigamente, as mulleres tiñan que inventar pretextos para poder beber»

La Voz

DEZA

15 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

A colaboración de Xavier Castro incluirá un apartado adicado á historia das tabernas do Salnés, que son «un ámbito esencial para o consumo de viño masculino», sinala o autor. -Os homes bebían nas tabernas, pero ¿que pasaba coas mulleres? -As mulleres, o viño e o seu discreto beber podía ser un tema aparte. En xeral o viño era unha bebida masculina. Entonces, as mulleres beben na familia e tamén, de maneira discreta. Hai unha forma de beber das mulleres que está documentada en Francia e da que eu teño algún dato sobre O Salnés, de como hai unha serie de coartadas para beber discretamente. Porque fai frio, porque hai un problema coa barriga. Antigamente, as mulleres tiñan que buscar pretextos para beber. Hai outra historia cos nenos, porque se consideraba que era un alimento e, os médicos, pensaban que o viño era bo para mulleres lactantes porque así daban máis leite. - ¿E que pasaba nas tabernas? -É un ámbito de bebida masculina porque cumple moitas funcións sociais nunha sociedade na que non existen locales específicos para temas como, por exemplo, a política. É un lugar de convivencia masculina moi importante. Esto é unha cuestión histórica e iremos contando algún dato da historia das tabernas no Salnés. Eso sí que é absolutamente inédito.