Botou man dun pseudónimo co que tiña relación, xa que lle chamaban na corte Shakes Spears [o brande lanzas]. El era un home moi carismático, con aspecto marcial, e vencera en varios torneos. Alcumábano así sen ter que ver co personaxe real de Stratford. Pero como todo pseudónimo é penetrable, o que fixo el, relata Picouto, «foi buscar alguén que funcionase como testaferro, como máscara, para que non poida nunca descubrirse quen é o autor».
Edward de Vere foi un nobre moi desgraciado. Ademais de arruinarse, era un incomprendido, a súa vocación non coincidiu nunca coa súa orixe de clase. Todas as súas últimas pezas son traxedias, O rei Lear, Timón de Atenas, Hamlet… «Foi un nobre infortunado -insiste o dramaturgo galego-. Dispuxo, iso si, de todos os medios para prepararse e escribir, pero a maneira que tivo de resolver a cuestión da autoría foi atribuír todo a outro».