-¿Verémolo algún día na pantalla?
-Será pola confianza ou pola miña vinculación ao audiovisual desde a docencia e a crítica, pero máis alá dos dereitos de Lume de cobiza, en mans de Ángel de la Cruz, ninguén se amosou interesado. E iso que as novelas teñen estrutura de guións e os capítulos, vida de secuencias.
-¿E quedan máis casos?
-Se escribo por pracer e pretendo que Soutelo me acompañe ata que a saúde me respecte, mentiría dicindo o contrario. Hai catro tratamentos xa moi desenvoltos e algunhas ideas. E que a actualidade dá para moito.