Luís Pousa recibe o galardón de xornalismo Fernández del Riego polo artigo «Galicias»

Elena Larriba García
E. Larriba PONTEVEDRA / LA VOZ

CULTURA

GONZALO BARRAL

Publicado neste periódico o 25 de xullo do 2014, fai un canto á identidade galega, ás mil Galicias que existen en cada un de nós, aos valores que enriquecen esta terra

02 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O escritor e xornalista Luís Pousa, xefe de sección de Opinión de La Voz de Galicia, recibiu onte en Pontevedra o premio Fernández del Riego, que lle foi concedido na súa décimo segunda edición pola Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e o Ámbito Cultural de El Corte Inglés.

O artigo titulado Galicias, publicado neste periódico o 25 de xullo do 2014, o fixo merecedor deste prestixioso galardón. Neste texto, Pousa fai un canto á identidade galega, ás mil Galicias que existen en cada un de nós, aos valores que enriquecen esta terra que «cada 25 de xullo renace das súas cinzas», como di o propio autor no seu artigo.

O acto de entrega do Premio Fernández del Riego de xornalismo en galego celebrouse no Café Moderno, onde tamén recibiu o premio Julio Camba de Xornalismo en castelán Ignacio Camacho polo artigo titulado Betty, publicado no diario ABC e dedicado á actriz estadounidense Lauren Bacall, trala súa morte. O presidente de Afundación, Ángel Escotet, e o director de Ámbito Cultural El Corte Inglés, Ramón Pernas, foron os anfitrións.