«Ten unha vida que é unha novela inmensa», di o biógrafo de Luz Pozo

Rodri García A CORUÑA / LA VOZ

CULTURA

Luz Pozo (dereita), onte, durante a presentación da súa biografía en Portas Artabras.
Luz Pozo (dereita), onte, durante a presentación da súa biografía en Portas Artabras. césar quian

«Á procura da poesía» é a primeira biografía da poeta e académica

21 nov 2014 . Actualizado a las 09:41 h.

«Mira, pintarono de roxo para ti». E Luz Pozo baixou a ollada para ver a cor do estrado no que iba ter lugar na noite de onte a presentación da primeira biografía da poeta e académica. O acto foi en Portas Ártabras, o local que a asociación Amigos dos Museos de Galicia ten na Coruña.

O novo libro ten cousas inéditas, tal e como explicaba Andrés Pociña, autor do mesmo xunto con Aurora López: «Evidentemente, obra completa inédita non hai ningunha pero hai moitas cousas inéditas como, por exemplo, a versión que fixo do primeiro poema de Ánfora». Sobre este poema «nunca na vida o publicou, e nós, que sabíamos disto ,dixemoslle que ibamos publicarlo neste libro e ela estivo de acordo».

O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lourenzo, e o editor Henrique Alvarellos participaron, xunto cos autores e a poeta, na presentación desta biografía que leva por título Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza (Alvarellos Editora).