A Axencia Europa das Linguas Menos Estendidas ve a situación do galego «con preocupación»

La Voz

CULTURA

23 feb 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Segundo a Unesco, a metade das case 6.000 linguas do mundo están en perigo de desaparición e o 96% delas só son faladas por un 4% da poboación mundial. O desequilibrio existente tamén se revela en que máis do 90% do contido de Internet está só en 12 idiomas.

A Axencia Europea das Linguas Menos Estendidas valora que co idioma galego houbo avances, con maior preocupación por facer cumprir o lexislado por parte do actual Goberno da Xunta, aínda que ven «con preocupación a distancia entre a lexislación e a realidade, e que mesmo se difunda unha opinión de normalidade e de extraordinaria presenza do galego en ámbitos como a educación cando acontece o contrario», afirma a delegada galega dese organismo da UE, a profesora Celia Armas García, que onte participou no acto da Universidade da Coruña.

A Mesa pola Normalización reclama máis galego tamén na Administración central, «pois nin os impostos se poden pagar en galego», afirma o seu presidente, Carlos Callón.