18 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.
O24 de maio do 2015 a cidadanía da Coruña votou masivamente por un modelo de cidade e de xestión diametralmente oposto ao exercido os catro anos anteriores polo PP.
Este poderoso mandato popular traduciuse na investidura dun goberno de cambio real para o que a Marea Atlántica contou co apoio de PSOE e BNG. Defraudar este momento histórico non é unha opción.
O noso proxecto de orzamentos incide en políticas sociais de longo alcance, en mellorar os espazos públicos, en fomentar a participación cidadá ou en coidar o medio ambiente. Está pensado por e para a xente. Cómpre aprobar os presupostos do 2016 para deixar definitivamente atrás a escura etapa anterior e reforzar a que comezamos hai nove meses. A Coruña así o demanda.