GABRIEL RIVERA A ENTREVISTA Manuel Vilar, historiador muxián e investigador dos faros da zona Os faros son uns dos tesouros culturais que conservan as comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra. Manuel Vilar y Xosé María Lema Suárez presentarán mañá unha guía titulada «Os Faros da Costa da Morte», que está editada pola asociación Neria. A este acto asistirá Antonio Couceiro, presidente da Autoridade portuaria de A Coruña. Manolo Vilar defende a importancia na historia destes elementos e a súa fermosura. El sinala: «A torre de Vilán é impresionante».
28 jun 2001 . Actualizado a las 07:00 h.A presentación deste libro da colección Descubrindo milenios terá como escenario o faro de Fisterra. -¿Como xurdiu a idea de facer este volume? -O asunto xurdiu por inciativa da asociación Neria. Aínda que no fondo está a idea de traballar na recuperación e posta en valor do patromonio cultural da Costa da Morte. -¿Que se trata neste libro? -Primeiro hai unha pequena introducción histórica sobre que son os faros e a súa importancia ó longo do tempo. Despois nos centramos en como son e onde están. Tamén se inclúe unha serie de charlas con fareiros e con descendentes de antigos fareiros que traballaron nesta comarca. -¿Como se atopan estes elementos tan tradicionais? -Os faros están en funcionamento, polo tanto teñen unha conservación boa. A veces, algún cando xa non foi necesario cesa no seu uso. Hai que tratar de conservarlos, de levar a cabo un diálogo entre as novas tecnoloxías e os vellas estructuras. Os edificios deben conservarse e musealizarse. -¿Hai faros de gran valor arquitéctónico na comarca? -Hai de todo. Eu penso que a torre de Vilán é impresionante, dunha beleza enorme. Outros son obras de inxeniería que tiveron que adaptarse a unhas circunstancias moi concretas de esta zona, cun clima moi chuvioso. -¿Que queda pendente no mundo dos faros na Costa da Morte? -A pena é que non tivemos máis tempo para investigar, quedáronsenos cousas no tinteiro. Eu penso que sería moi interesante analizar a relación dos fareiros cos veciños, porque moitas veces era un señor que viña de fóra a unha sociedade que lle era extraña. Fáltanos un segundo paso.