Alejandra Pérez (PSOE): «Prognosticar maioría é difícil»

Dolores Vázquez BERGONDO / LA VOZ

BERGONDO

Prudente co que saia o 26M, defende o novo PXOM como o que abrirá un abano de posibilidades

15 may 2019 . Actualizado a las 10:13 h.

Pérez Máquez (Londres, 1971) é alcaldesa dende o 2008, tras entrar como concelleira no 1999.

-Como viu o mandato?

-Moi positivo, está claro que cunha maioría estable podemos levar a cabo moitas actuacións, traballamos moitísimo máis.

-Quedou algo por facer?

-Un montón: aprobar o PXOM, seguir radiante coa modificación das normas subsidiarias, aprobar o proxecto do río Maior, a modificación puntual de San Cidre... O principal para Bergondo é a aprobación do PXOM, non só polas oportunidades de vivenda, senón pola posibilidade de obter equipamentos para o Concello.

-San Cidre é a grande polémica.

-Relativamente. Xa o tiña constatado antes e máis agora, a xente quere que vaia para adiante e non entende o posicionamento dalgúns dicindo que non. Cando llo explican pregunta por que non o queren, algún empezou antes de tempo a facer as súas propias conclusións, cando non era así. Consideramos dende o principio que era positivo para a zona, non só polo tema dun supermercado, temos unha oportunidade de ouro para obter máis equipamento público, pero levando nós a batuta.

-Vixoi vai pasar factura.

-Non, haberá algunha xente de alí que non nos votará, pero é un tema moi local. Tivemos que aguantar outras obras controvertidas no seu inicio, porque á xente a palabra expropiación asústaa un pouco.

-Augura a maioría tralo 28A?

-Imos mellorar resultados, oxalá, pero de aí a prognosticar maioría non me atrevo, a maioría en Bergondo é difícil. A min non me gustaría ese titular, porque véxoo complicado. 

Francisco Manuel Fafián Torreiro (PP): «Veciños de Bergondo non está morto, está en ''stand by''»

Manuel Fafián (Bergondo, 1968) lleva en política desde el 2007 con Veciños de Bergondo y asume ahora el encabezar la lista del PP porque «despois de tanto tempo podíamos sumar máis para facer máis polos nosos veciños». «Viñéronme buscar para enterrar vellas rencillas» no PP, asegura, y dice que lo afronta «sen mochilas». Puntualiza sobre Veciños que «non está morto, está en stand by». Cree que en el Concello faltan «ideas de futuro, non me vale que só desbroce, reparen as fochancas tarde mal e arrastro, que haxa parroquias sen sumidoiros e proxecten obras sen consultar aos veciños. Muy crítico con la tramitación de la senda de Vixoi lleva en su programa darle un impulso al polígono, la creación de empleo, pelear por la creación de un centro de día para una población envejecida y buscar la «credibilidade dos veciños» en las instituciones. 

Juan Antonio Fariña Pedreira (AV): «Non hai escusas para non sacar o PXOM na vindeira lexislatura»

Fariña (Bergondo, 1973) llegó a la corporación en el 2011 con el BNG, formación que dejó por Anova hasta el pasado septiembre, que abandonó por «un desencanto específico e concreto», respecto a San Cidre. Junto a su compañero Eloy Babío encabezan la lista de Alternativa dos Veciños. «Estamos vendo que a xente o percibe como unha bafarada de aire fresco, entendeu bastante ben os cambios, que defendemos e velamos polos intereses de Bergondo», dice. Rechaza que San Cidre sea el caballo de batalla: «A inmensa maioría o ve positivo, interesante e é demandado, a polémica só a vexo en colectivos concretos». «É fundamental sacar o PXOM para esta lexislatura e non hai escusas para non facelo», considera de cara al siguiente mandato y defiende un programa con medidas para generar empleo, un centro de día y aumentar las aceras y sendas. 

David Carro Temprano (BNG): «Non hai xestión e non é por falta de recursos»

Carro (Bergondo, 1984) concurre por segunda vez y afirma que el BNG se ha convertido en la verdadera oposición pese a no estar en la corporación, con alegaciones a los presupuestos y a la propuesta de San Cidre, cuya formación rechaza porque considera que no es un núcleo urbano consolidado. «O núcleo urbano é Guísamo e meter catro ou cinco edificios alí non nos parece o modelo». «Non hai xestión e non é pola falta de recursos, temos 7 millóns de remanente paralizados, senón de proxecto», considera y reclama algo tan básico escomo el saneamiento. «Vivo en Lubre e levamos 20 anos con promesas, e sen el», dice. Defiende mejoras en materia de bienestar, en atención a los mayores e infraestructuras deportivas.