Onde pillou o estado de alarma a algúns dos rostros máis coñecidos da comarca da Coruña?

Rodri García A CORUÑA

A CORUÑA

Ramon Yoshimura

Susana Seivane, Silvia Penide, Xosé Antonio Touriñán e David Perdomo cóntannos as súas vivencias durante o inicio dunha pandemia que se resiste a marchar

14 mar 2021 . Actualizado a las 20:47 h.

«Cóidate César dos idus de marzo», conta a lenda que avisou un vidente. Os idus eran os días 15 de marzo [que tiña sona de traer boas novas], maio, xullo e outubro e os días 13 do resto dos meses. O 15 de marzo do ano 44 antes de Cristo, camiño do Senado, o emperador atopa ao vidente e fixo chanzas do seu augurio: «Os idus xa chegaron». O home retrucoulle: «Si, pero aínda non acabaron». Ese día mataron a Julio César. Séculos despois Shakespeare faría famosa a frase na súa obra Julio César: «¡Cóidate dos idus de marzo!». E o ano pasado, sen aviso, os idus de marzo trouxeron a pandemia

Susana Seivane non tivo un vidente pero notaba algo raro: en xaneiro e, sobre todo, en febreiro as datas para os futuros concertos apenas se movían, «estaba pasando algo estraño». Así chegou o confinamento. Seivane vive no municipio de Cambre preto da súa irmá «e falamos de a quen íamos aplaudir porque aquí as casas están algo separadas. Pensamos que iso era para a cidade e que na aldea non se escoitarían os aplausos». O segundo día do confinamento «pasando da casa de miña irmá a miña escoitei berros e aplausos». Así foi como decidiu empezar a tocar no balcón, «que máis dá que non nos vexa ninguén, sae do corazón». Arrincaron así 55 días de concertos na casa. O resultado foi o sexto disco da carreira da gaiteira: Dende o meu balcón: «Este tiña que ser o meu primeiro disco porque ten o repertorio que eu sempre manexaba», explica satisfeita do traballo.

Silvia Penide tamén fala de certo presentimento: «O día 8 de marzo viña de Cambados no tren e había un silencio que me chamou a atención». O que si lembra moi ben é o día 12 de marzo cando se estaba preparando para ir a Verín. Esa noite participaría no Festival de Músicas Migrantes: «Íamos toda a banda e xa tiñamos cargada a furgoneta». Chegoulles o aviso de que algo ía mal «e fomos tomar un café». Confirmouse a suspensión do concerto en Verín. E iso non foi o peor: «Empezaron a chegarnos cancelacións de concertos. Ese día cancelaron o traballo de dous meses nunha hora».

Era unha situación «moi difícil de dixerir». «Estiven 15 días sen saber o que facer», engade Non eran so as actuacións anuladas, Penide tiña outras iniciativas: «Estaba a piques de ter a miña primeira experiencia no mundo editorial cun libro infantil co que estaba moi ilusionada». Un proxecto que aínda sigue pendente. Con esta situación, a cantante de Meicende (Arteixo) apunta agora: «Aprendemos a traballar a paciencia, como di miña avoa». 

«Gústame verte sorrir»

Claro que non todos traballaron a paciencia e so tres días despois de que o Goberno de España declarara o que en Portugal chamaron «Estado de calamidade», dous dos grandes humoristas galegos, Xosé Antonio Touriñán e David Perdomo, empezaron a facer actuacións en Instagram todos os días ás once da noite. Estaban nas súas casas e ás veces poñíanse serios: «Eu hoxe ía para a cama ás nove media xa... Estou canso. Esta é unha cousa estraña», dicía Touriñán. E Perdomo anotaba que nuns meses do 2020 «pasaron máis cousas que en 70 anos de historia». Eran so uns intres porque de contado Perdomo empezaba a sacar personaxes, como a un extraterrestre ao que Touriñán lle preguntaba: «Non vivirás en Ibiza porque te pareces a Pocholo...».

-

A cita das once da noite cos humoristas foi sumando máis xente, con aparicións de personaxes coma Mucha e Nucha, amigos que estaban pasando o confinamento, patrocinadores [«Este é o ferrari dos cepillos de dentes», dicía Touriñán convertido en comercial dunha clínica dental].

O que pasara coas conexións entre os humoristas nunca era un problema: «Este filtro ten música por detrás e estame rebentando a cabeza. Teño que berrar coma un tolo», confesaba Touriñán. E foron saíndo novos personaxes como Javi (Perdomo), apaixonado seguidor do Deportivo de Bebeto e de comer, e o seu amigo Eduardo (Touriñán) que coñeceu por Internet no confinamento e ao que o coronavirus obrigou a deixar os seus chamativos estudos.

As actuacións dos dous humoristas, nas que podía colarse calquera, ata o can de Perdomo, podían resumirse nun dos agasallos recibidos por Touriñán e Perdomo: un viño, reserva, que tiña como lema «Gústame verte sorrir». Ese era o seu obxectivo para facer máis levadeiro o confinamento.

O espectáculo en Instagram seguiu varios meses porque as redes sociais foron un piar desde o primeiro momento. Por iso, Seivane non so ofrecía o seu concerto diario desde o seu balcón: tamén o colgaba nas redes. Algún concerto alcanzou o millón de seguidores.

Dores Tembrás: «Tardei moito en poder volver a ler»

BASILIO BELLO

Antón Castro terminó dos libros e inicio otro y Xesús Fraga retrasó seis meses la presentación de su nueva novela

R. G.

Cuenta Antón Castro, periodista y escritor, que desde el inicio del confinamiento está en teletrabajo: «El suplemento de Artes & Letras [publicado por el Heraldo de Aragón] que sale los jueves y coordino desde hace dos décadas se interrumpió para ahorrar papel y me quedé en casa». La pandemia le cambió la vida a este arteixán afincado en Zaragoza ya que ahora «vivo en el campo». Castro no confinó sus inquietudes: «Se me ocurrió primero avanzar en un poemario, El cazador de ángeles, que sale ahora en abril en la editorial Olifante». Este libro consta de «poemas de mi memoria y de mi infancia en Lañas y Arteixo, la evocación de los padres; una segunda parte está centrada en homenajes, amigos y artistas; la tercera son poemas de amor; la cuarta habla del confinamiento y del virus, y hay un poema que se llama La maleta del escritor, que documenta el paso de Manuel Rivas por Zaragoza». La última parte está dedicada a los faros y se cierra con un poema sobre el de Fisterra. 

También ha terminado un libro de cuentos, Periferias del deseo, e inició otro de relatos fantásticos de su niñez en Santa Mariña de Lañas: «El título provisional es Cuentos de Castelo, el lugar donde yo vivía en Lañas».

Frente a la actividad de Antón Castro, la poeta y editora Dores Tembrás confiesa que la pandemia «silencioume. Enmudecín». La atención a los hijos, la preocupación por los padres, la continuidad de la labor de Apiario Editora, «que ten unha parte editorial e outra na que damos cursos de poesía, ocuparon unha etapa moi dura e non baixou moito esa preocupación». Tembrás destaca que el covid «puxo de manifesto o valor dos coidados» si bien «a nivel creativo persoal non foi unha boa época». Y apunta un dato revelador: «Tardei moito en poder volver a ler». De todos modos «a xente escribiu moito», comenta.

El escritor y periodista Xesús Fraga tenía novela escrita y premiada: «A pandemia coincidiu cos preparativos para presentar Virtudes (e misterios), xa que o libro saíu xusto nesas datas. Ao principio, non estaba claro o alcance e repercusión que ía ter a enfermidade e tiñamos tres actos previstos. Pero a medida que se achegaba a primeira data, a presentación no cine Alfonsetti de Betanzos, programada para o 14 de marzo, a incidencia foi medrando e tomamos a decisión, por precaución, de adiar as actividades. E xusto esa semana entrou en vigor o primeiro estado de alarma e o seu confinamento». Como mucha gente, «traballei dende casa, conectado co meu ordenador do periódico [La Voz de Galicia], dando conta, sobre todo, das numerosas iniciativas culturais que se puxeron en marcha de xeito virtual para que a creación non se detivese e tamén, como quedou demostrado, para servir de conforto e alivio neses días de peche e incertezas».