Concerto-presentación das partituras do Padre Feijoo


28 de xuño • 19.30 horas • Rúa Tabernas, 11 • O vindeiro xoves, a sede da Academia Galega acollerá a presentación-concerto de Padre Manuel Feijoo. Música da nosa terra (Armonía Universal), volume que recompila as partituras que o compositor franciscano escribiu para autores senlleiros das letras galegas, como Rosalía de Castro, Cabanillas, Gonzalo López Abente ou Fermín Bouza Brey. A publicación inclúe ademais arranxos para pezas tan populares como o Alalá de Muxía ou Catro vellos mariñeiros. O impulsor e coordinador da edición é Enrique Mourille Feijoo, sobriño e alumno do compositor, que presentará a publicación xunto ao director da editorial, o musicólogo e profesor Carlos Núñez Deza, e o presidenta da RAG, Víctor F. Freixanes. Deseguido, as voces e os instrumentistas do grupo de música medieval Resonet interpretarán algunhas das pezas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Concerto-presentación das partituras do Padre Feijoo