02 nov 2012 . Actualizado a las 07:00 h.
Manuel Sarmiento, portavoz do BNG, critica a xestión que García Seoane leva do Concello.
-¿Cales son os problemas?
-Os hai de liquidez, que con respecto ao ano pasado baixou un 45 %. Hai dificultades tamén para manter os servizos e se segue a apostar polo urbanismo. Pero Oleiros ten que deixar de ser unha cidade dormitorio e ofrecer servizos. O modelo das urbanizacións está caduco.
-¿Cales son as súas propostas?
-Potenciar o comercio local nos barrios, ou chegar a un acordo cos propietarios dos baixos baleiros para permitir que moitos xoves puideran empezar alí.
-¿Como ve a política local?
-O feito máis grave é a maioría absoluta. Son malas sempre. En política hai que negociar.