-Si sale de nuevo como alcalde, ¿le donará finalmente un local al club de remo mariñeiro de Sada? Se lo merecen.
-É un dos meus empeños. O porto deportivo de Sada non terá solución sen que haxa local para o remo e a vela.
-Vivo en un edificio sin licencia de habitabilidad por culpa de errores del promotor, ahora el promotor es insolvente y nos toca pagar a los propietarios las deficiencias. ¿Le parece justo?
-Estas son as consecuencias da política do «ti vai facendo». Lamento que te prexudicara esta maneira de entender o urbanismo como prexudicou a outra moita xente en Sada. Pola nosa parte faremos o posible para que estas irregularidades che afecten o menos posible.
-¿Cree que volverá a gobernar Rodríguez Ares?
-A cidadanía no 2003 e no 2007 quixo que Rodríguez Ares non gobernara. Hoxe represento a lista máis votada, pero o 22 de maio falan os cidadáns.
-¿Teñen pensado abrir máis bibliotecas aparte da que hai no porto?
-Neste momento xa hai máis bibliotecas que a da Casa da Cultura. Nas casas do pobo das parroquias hai pequenas bibliotecas e acceso a Internet. Creo que o que si é moi necesario é facer unha sala de lectura para as rapazas e rapaces que, por exemplo, están a preparar oposicións e en xeral para todos aqueles que queren estudar. Estamos a buscar un local axeitado que neste momento non dispón o Concello, se non teríamolo feito.
-¿Cree que los usuarios del Concello están contentos con el trato que reciben por parte de sus funcionarios?
-Son consciente de que en casos puntuais existen queixas. Procuramos solucionar estas eivas e o vindeiro mandato ten que ser o mandato da modernización xa iniciada nesta administración.
-Se pasa á oposición, ¿vai abandonar como fixo Moncho?
-As comparacións son odiosas.
-¿Qué valoración lle da ao pacto de goberno co PSOE, volveríao facer?
-É público e notorio que o pacto BNG-PSOE en Sada funciona sen estridencias. Evidentemente, o BNG preséntase para gañar e obter a maioría suficiente para gobernar en solitario.
-¿Qué piensa que va a suceder en Sada con tanto pequeño nuevo partido? ¿Cree que le va a perjudicar a su partido?
-A oposición é unha sopa de letras e unha suma de personalismos que nun momento de crise como este evidentemente non convén a Sada. Estou seguro de que os sadenses non buscarán aí ningunha renovación, o que hai detrás de todo iso é involución.
-¿Cuándo se volverá a abrir la piscina de Sada?
-Abre este venres. De todas formas, podes ir ver como quedou despois de invertirmos 600.000 euros en mellorala.
-¿Qué actuacións teñen previstas para Fontán?
-A renumeración de todo o barrio e a colocación de placas nas rúas, a preparación da praia de Morazón para o verán e a adecuación do fronte das casas dos mariñeiros.
Encuentro Digital Abel López Soto, candidato del BNG a la Alcaldía de Sada