«É bastante díficil levar a cabo a normalización»

A CORUÑA

16 ene 2009 . Actualizado a las 13:01 h.

Falar e escribir correctamente galego non é tarefa sinxela. Por iso dende fai catro anos o Concello de Abegondo conta coa figura de normalizador lingüístico que desenrola María Beatriz Fernández.

-¿Cal é a túa función?

-Asesorar en materia de lingua a tódolos los traballadores, e a correción de textos con caracter administrativo dende o punto de vista léxico, ortográfico ou en canto o estilo ou o formato.

-¿É difícil realizar esta tarefa nun concello tan pequeno?

-É bastante díficil, a pesar de que todo o mundo colabora, pero non todo o mundo coñece ben o galego a hora de escribilo e as veces hai papeles que teñen moita urxencia por enviarse e non pasan por normalización.

-¿A maioría dos traballadores coñecen o idioma?

-Si. A metade dos traballadores teñen coñecemento do idioma, pero non todos saben escribilo correctamente.

-¿Que outros servicios prestades?

-Estamos a disposición dos veciños se en algún momento queren axuda a hora de escribir calquer documento administrativo. Non veñen moitos, pero algunha vez veu algún.

-Dentro do departamento, ¿ofrecedes algún tipo de curso de galego?

-Están os cursos de formación da Xunta, os Celga que van por niveis, que son para maiores de dezaseis anos.

-¿Que tipo de xente acude a estes cursos?

-A maioría son xente de 40 anos que están traballando e non teñen o certificado do galego.

-¿Algún proxecto en mente?

-Estamos levando a cabo unha campaña de normalización lingüística para fomentar o galego, que se chama Fálame Galego, a cada bebé que ven a empadronarse asasallámoslle cun peluche.