30 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
Ao longo do mes de novembro o CEIP Plurilingüe de Oca (A Estrada) impulsou actividades para conmemorar o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Co apoio do equipo de Arenaria, puxeron en práctica diferentes obradoiros, coma un sobre o osíxeno. Tamén fixeron unha simulación dun volcán e un traballo sobre as cores primarias.