Experimentos para todos no Día da Ciencia no Laxeiro


O IES Laxeiro celebrou o Día da Ciencia en Galego cunha xornada na que participou todo o alumnado agás os de segundo de Bacharelato. O salón de actos acolleu un sen fin de propostas feitas por alumnos e os profesores dos departamentos de Matemáticas, Bioloxía, Tecnoloxía e Física e Química.

Unha cadea de ADN feita con material de reciclaxe, as formas de reciclar e reutilizar, programas informáticos para xogar a medir impactos ficticios de meteoritos, experimentos sobre a oxidación da froita ou retos en forma de xogos para descubrir que ás matemáticas tamén teñen moito de inxenio foron algunhas das propostas que onte os rapaces dos diferentes cursos da ESO puideron probar nesta xornada didáctica. Contaban con unha táboa periódica que se colocará no corredor da ciencia. Con ela se plantexaron xogos de palabras. Os elementos teñen unha cara en branco para deixar sitio as mulleres científicas en marzo.

No salón contaron tamén con algunha impresora 3D na que facer probas.

Os de cuarto da ESO e os de primeiro de Bacharelato pasaron tamén polos talleres de Formación Profesional para poder ver a aplicación da ciencia en directo,

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Experimentos para todos no Día da Ciencia no Laxeiro