TRIBUNA | O |
27 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.NON TANTO polo que se promete, senón polo que se ten feito. Por aí deberían ir tódalas nosas miras. Iso deberon pensar os científicos que días atrás denunciaron a escasísima inversión en I+D do goberno. Non se postularon a favor de ningún partido en concreto; simplemente pediron un pacto de estado para que España non se quede atrás no contexto internacional. Entre outros, Barbacid, Margarita Salas ou Jesús Soria alertaron sobre da necesidade de unir investigación científica á universidade. Pero como esta tamén está en crise¿ E para botarlle máis pemento ó pisto, o mesmo Soria falou da relación que debían ter a ciencia, a universidade e a sanidade. Pero como tamén esta anda en mínimos¿ ¿Vanse decatando do que pasa? Pois que factores claves para o desenvolvemento están a ralentí. «Un país sin investigación es un país sin desarrollo», palabras de Severo Ochoa que estes días recordaron os mencionados arriba. Que non debeu ser doado para eles. Teñen que estar até o cocote para irromper en campaña con iso de que a inversión en I+D non supera o 1%. ¿Que supón? Que, amais do dito, perderemos o capital físico e humano en investigación. redac.lugo@lavoz.es