Un mundo sin xéneros

CIENCIA

A doutora en Filosofía repasa o pensamento feminista actual e reflexiona a necesidade de revisar os valores da ciencia creada nunha sociedade de corte patriarcal

09 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

, editado por Espiral Maior, é o título do último libro de Carme Adán, resultado dunha investigación desenvolvida para a súa tese de doutoramento. A filósofa e feminista, que presenta hoxe a súa obra ás 20.15 horas na Casa das Mulleres (Romil, nº 20), aborda algún dos temas de importancia no pensamento feminista actual como a participación das mulleres na ciencia e na tecnoloxía, e a construcción do coñecemento desde unha perspectiva feminista. O «Cyborg» «No libro -explica- fago un estudio das teóricas feministas que analizan a ciencia. Son fundamentalmente autoras do ámbito anglosaxón, textos actuais nos que se tratan temas como si a ciencia é neutral e obxetiva. Entres elas destaca Donna Haroway, que utiliza a metáfora do cyborg e imaxina un mundo sin xéneros. De ela parte o movemento do ciberfeminismo na arte». Abondando nesta metáfora, Adán aclara que «o cyborg é unha figura sin sexo, pero non se trata diso, senon de eliminar as diferencias de xénero que a cultura creou enriba de individuos sexuados. As diferencias están elaboradas na sociedade». O percorrido polas propostas, a filósofa aporta a reflexión e a crítica: «En conexión coas correntes actuais da filosofía da ciencia, é un lugar común afirmar que dentro da ciencia tamén hai valores. O que se plantexa é que si a ciencia non é neutral e foi realizada nunha sociedade de corte patriarcal, tamén está impregnada de valores de esa sociedade e unha das labores é revisalos. O feito de redefinir o concepto de obxetividade xa é importante e o que se propón é explicitar os valores e chegar a unha ciencia máis democrática. Referido ás mulleres, ter presente si as correccións científicas e tecnolóxicas benefician ou non ós intereses das mulleres». A realidade cotiá Carme Adán, que é a coordinadora da Aula Castelao de Filosofía e profesora da materia no Instituto San Paio de Tui, sinala que «podemos pensar nunha educación igual para ambos sexos. Sempre hai unha distancia entre a teoría e a práctica e todo movemento necesita pensar sobre a realidade. Eu creo que o libro é teórico pero tamén aporta claves para entender a realidade cotiá». Nesa realidade, e en referencia ó ensino, a autora indica que neste intre, «o importante é que a quen hai que integrar é a os rapaces, porque elas hoxe están bastante autoafirmadas». Educación Adán asegura que no ámbito da educación hai moito que facer, «é xustamente desde as familias e desde a escola donde hai que educar en igualdade e positivamente. Eu dou clase a adolescentes, e se crean dinámicas difíciles porque eles tamén están creando a súa identidade».