A observación celeste dirixida por Jorge Mira na Arca da Piosa inspirouse en Pondal
02 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Non foi a lúa, como di Eduardo Pondal. Foi Santiago Garrido quen proclamou que debaixo das antas da Arca da Piosa «repousa» o valente Brandomil. Non era a mellor noite de verán para ver estrelas, pero o físico Jorge Mira arrastrou ata o poetizado megálito a cento e medio de persoas, boa parte delas rapazada, para observar ceo. Era na hora na que loce o luceiro. O público ía provisto de esterillas para deitarse arredor da mámoa da «antiga Arca da Piosa». E estomballados mirando ao ceo, onda «as esquivas uces» pondalianas, seguiron as explicacións do físico baiés. Mira explicou o burato negro, a súa formación e a orixe do Universo. «Que hai onde se acaba o Universo?», quixo saber un neno pequeno. Ao borde das once e media da noite, apareceu a estación espacial, que os asistentes seguiron con gran interese. A Osa Maior, a Estrela Polar, o Triángulo do Verán, Xúpiter... O ceo era como un mapa sobre o que o punteiro láser de Mira se ía pousando. Antes de volver á base, Garrido recitou o poema de Eduardo Pondal dedicado á Arca da Piosa. E a xente retornaba feliz da aventura.
A subida á Arca da Piosa foi o colofón a unha nova xornada de Semana Cultural previa á Carballeira que, xusto antes de partir, e tamén da man de Mira, responsable da tradución incluíu a presentación do libro «Stephen Hawking. Unha breve historia do tempo».
Una mañana activa y primera noche de conciertos en Zas
Arranca la Festa da Carballeira: cuatro son los conciertos para esta noche: Perfusión, Susana Seivane, The Celtic Social Club y Dakidarría
Llegó el día. La Festa da Carballeira de Zas, en su 36.ª edición, arrancará esta misma noche con la primera entrega de conciertos, a partir de las 22.00 horas, ya en la Carballeira de Velar: son los de Perfusión, Susana Seivane (entrevista, aquí), The Celtic Social Club y Dakidarría. El inicio del festival dará por concluida una intensa Semana Cultural de actividades previas, como la exitosa observación gastronómica del miércoles.
Música y danza africana, en primer lugar, sonarán en el centro sociocultural zasense a partir de las 12.00 horas, a cargo del grupo Perfusión. Es una propuesta para público familiar. El grupo Churía, en este mismo espacio, continuará desde las 17.00 horas con su curso de iniciación al baile tradicional. Una hora más tarde, a las seis, comenzará un taller infantil sobre complementos celtas, dirigido a pequeños de entre 4 y 12 años. A partir de ahí, solo queda disfrutar de la fiesta.