Carballo e Vimianzo, de novo espazos para as Residencias Paraíso

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Clara Pampyn, unha das creadoras que ten pasado por Carballo con estas residencias
Clara Pampyn, unha das creadoras que ten pasado por Carballo con estas residencias ANA GARCIA

A proposta do Colectivo RPM chega á súa décima edición e abre prazo para este 2026

19 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O programa Residencias Paraíso, impulsado polo Colectivo RPM, cumpre dez edicións e anuncia apertura de convocatoria para este 2026. Neste programa pioneiro de residencias artísticas para a danza e as artes vivas dirixido a artistas de Galicia, España e Portugal, hai tamén presenza da Costa da Morte, pois volverán acoller estas estancias o Pazo da Cultura de Carballo e a Casa da Cultura de Vimianzo, entre maio e outubro. De par destes espazos, outros de Lugo, Santiago, Ribadavia, Pontevedra, Oleiros, Narón, Ponteareas e A Coruña. Os creadores interesados poden presentar as súas propostas ata o 8 de marzo: un comité de expertos valorará integridade, madurez e solidez, así como o vínculo entre proposta e territorio. En abril coñeceranse os proxectos seleccionados.