Hoxe e mañá haberá charlas, exposicións e tamén un obradoiro intercultural
16 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe e mañá • O instituto Eduardo Pondal de Ponteceso sumarase este xoves e venres aos Erasmus Days, iniciativa internacional que visibiliza as oportunidades de mobilidade académica e profesional que ofrece o programa Erasmus+. Entre as actividades, charlas a cargo de estudantes que realizaron prácticas en empresas europeas o pasado curso; unha exposición fotográfica e vídeos con testemuños de viaxeiros e mesmo un obradoiro intercultural. «Esta iniciativa supón unha oportunidade para que o alumnado descubra novos retos formativos e profesionais fóra de España, adquirindo habilidades para un mercado laboral cada vez máis globalizado», apunta a directora, Clara Regueira. Para este curso, as prazas de Erasmus duplicáronse, e o interese vai a máis, traslada a coordinadora, Silvia Candia. No IES creouse ademais un Club Erasmus.