Novo curso de monitorado de tempo libre coa Escola da Fundación Pondal 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

PONTECESO

Unha das últimas remesas do curso de monitorado de tempo libre da Fundación
Unha das últimas remesas do curso de monitorado de tempo libre da Fundación

Serán 300 horas, teoría e práctica, entre o mes de marzo e o de xuño, ambos incluídos. Inscricións abertas! 

08 feb 2025 . Actualizado a las 15:01 h.

A Escola de Tempo Libre Eduardo Pondal, iniciativa da Fundación Pondal pontecesá, vén de sacar convocatoria para un novo curso de monitorado de tempo libre. Estenderase dende o mes de marzo ata o mes de xuño, ambos incluídos. Terá unha parte teórica e outra práctica, a primeira de 200 horas e a segunda de 100. Haberá, asemade, unha fase presencial e outra en liña. A inscrición poderase facer ata o 22 deste mes de febreiro, cun custe de 90 euros a pagar no momento de anotarse, e 20 máis en concepto de taxas e seguros.